Si mozos ! A noticia máis destacada son os examenes que cubren con horas de estudo e estrés as nosas vidas esta semana ! Pero ai que buscar o punto positivo , pois unha vez que rematen teremos ahí a semana santa , da que tanto gozamos por estes lares ..
Ánimo e sorte a todos , seguro que todo vai ben moozos ! Eu podo comentar un pouco a miña situación , e sinceramente de momento non me vai nada mal , menos en castelán onde saquei un 4'4 no examen de lingua , pero todos sabemos como vai esta materia neste instituto e non é tan mala nota ao fin e ao cabo ! Bueeno brothers , dende a clase de Tics me despido que me vou a facer un examen de mates , desexaaademe sorte :YYY ! Bleeeess
Road to Zion !
Cando non vexas nada , procura encontrar ese espazo paradisiaco , no interior da tua mente ..
miércoles, 6 de marzo de 2013
Futbol como modo de vida .
Dende que teño 5 anos , dedico gran parte do meu tempo a este deporte , nacín , medrei e morrerei con el . Iniciei as miñas andadas no clube local , o Dodro , neste equipo pasei un par de anos , logo desta andadura coñecin a un entrenador nativo de Boiro , que se adicou a facer asociacións e seleccións cos xogadores do Barbanza . Foi nesta etapa na que máis viaxei grazas ao futbol , o cal compaxinaba con futbol sala . A primeira saída fora de Galicía que fixen foi a Portugal , onde botamos tres días xogando con equipos de bastante nivel futbolístico . Un ano despois desta experiencia acudimos a un torneo en Asturias , dos que nos proclamamos campións , gañando a final 1-2 , logo dun partido moi competitivo . Pero sen duda unha das mellores escapadas foi cando fumos a Valencia , con escasos 14 anos , xa nun torneo de prestixio , era bastante meritorio a verdade . Empezamos con bo pé , xa que pasamos as primeiras rondas sen aparente dificultade , o problema veu cando chegamos as semifinais xa que nos encontramos cun pequeno amaño , que nos facía disputar a fase previa a final contra o Vilareal , o cal acudira ao torneo con xogadores de equipos coma o Valencia , para probar que tal funcionarían no novo clube . O caso foi que o noso entrenador ao facerse coñecedor destos sucesos mandounos comezar o partido sentados , en motivo de protesta , o rival comezou cunha vantaxe de 1-0 , pero logo remontamos o voo empatando a escasos minutos de que acabará a primeira metade . Pero o destino non quería que nesta ocasións nós fosemos os heroes da contenda e o partido finalizou coa nosa derrota por 2-1 .
Durante esta tempada tamén fun convocado coa selección galega infantil , coa que disputei varios amistosos e me concentrei en entrenamentos varias veces
Unha vez acabadas estas seleccións barbanzas , que duraron 4 anos fichei no Abanqueiro SD , donde pasei dous anos , neste equipo ascendemos a liga galega infantil , e sendo eu xogador desta categoría clasificamonos á final da copa do Sar cadete , http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/06/23/0003_8566798.htm , e ahí un reportaxe da semifinal .
Despois de esta etapa e duns problemas do clube 7 xogadores do Abanqueiro fumonos para o Boiro , equipo veciño , a disputar a liga cadete , donde quedamos 5 e promocionamos , eso si desta vez non houbo triunfo e caemos na primeira fase contra o Calasanz . Hoxe en día sigo neste equipo donde estou xogando a liga galega xuvenil cos meus compañeiros !
E aquí un resumo da miña afición , espero que vos gustara , sobre todo a ti , Esperanza !

lunes, 25 de febrero de 2013
Sociedade Babylon !!
Seguimos inmersos nesa hipocridade que nos fai perder o pouco grado de vericidade que o ser humano gardaba dende hai millóns de xeracións . Un día máis , un día menos e seguimos pegándonos contra a mesma parede de ambición , de cartos , de luxos innecesarios , da avaricia dos que máis teñen .
miércoles, 20 de febrero de 2013
De negro a escuro
Tinguiron os nosos corazóns de suciedade , esa besta que no momento do accidente transportaba 75.000 toneladas de crudo , que se foron vertindo pouco a pouco ao largo e ao ancho da nosa fermosa costa galega sin que ningúen o puidera evitar .
`` En la costa de Galicia el prestige se ha hundido y hacen como que no ha pasao na , y estoy yo seguro , que esto que digo lo vaaan a neegaaaaaaar ! ''
Once anos despois deste asesinato biolóxico continuan as especulacións sobre quen foi o culpable , o país de donde proviña a carga , Grecia , o capitán , ou os poucos medios que había para controlar un desastre desta magnitude , mentres tamén os políticos aprobeitan pra limparse as máns , negando toda culpa sobre o ocorrido . Non vou ser eu quen diga quen foi o artifice que desencadeu as accións pra que sucedese tal desastre , pero o que si que podo facer , é agradecer a solidaridade de todos os que estiveron durante días , semanas e meses limpando e deixándose as unllas rillando contra as pedras das nosas fermosas praias , homes e mulleres de traxes brancos e de corazón manchado .
martes, 19 de febrero de 2013
Simplemente normal .
Un día despertaste ca sensación de ser outra persoa , cun humor realmente bo , nada malo ocorre , o tempo corre a unha velocidade normal e nada e capaz de rebaixar a tua felicidade .
Mentrás tanto nese continente que temos ao pasar o estreito de Xibraltar , miles de nenos morren , un home bomba atenta contra un colexio , ''La crisis, en África, significa morirse de hambre" .
Igualdade ? , pode ser que saiamos desta crise económica , que poidamos cambiar de coche aos tres ou catro anos , que nos permitamos o luxo de ter un piso na praia , e duas casas na montaña , pero con este sistema , sempre haberá xente , moita xente , que o único que desexe , será unha barra de pan , e unha botella de auga
Resumo breve dunha colección antiga
Preséntome como un rapaz de 16 anos , ignorante do que me rodea , amigo dos meus amigos e inimigo de ninguén . Son coñecido por Martín , nativo de Dodro e neto de Carmiña das Cacharelas . A miña vida ten como base a música e o futbol .
Este espazo estará adicado a escribir moitas das cousas que vemos día a día , través dos nosos ollos , eses detalles que esquecemos aos quince minutos pero que teñen máis importancia do que creemos , intentarei que goce de valor sentimental para asi empatizar en moitos dos escritos con aqueles que queiran pasarse ! Para rematar deixarei unha cita característica de todos aqueles avós que queren a sua terra coma a nada no mundo : O importante é ter os pes quentes , e pataquiñas no faiado !

Suscribirse a:
Entradas (Atom)