Cando non vexas nada , procura encontrar ese espazo paradisiaco , no interior da tua mente ..
miércoles, 6 de marzo de 2013
Futbol como modo de vida .
Dende que teño 5 anos , dedico gran parte do meu tempo a este deporte , nacín , medrei e morrerei con el . Iniciei as miñas andadas no clube local , o Dodro , neste equipo pasei un par de anos , logo desta andadura coñecin a un entrenador nativo de Boiro , que se adicou a facer asociacións e seleccións cos xogadores do Barbanza . Foi nesta etapa na que máis viaxei grazas ao futbol , o cal compaxinaba con futbol sala . A primeira saída fora de Galicía que fixen foi a Portugal , onde botamos tres días xogando con equipos de bastante nivel futbolístico . Un ano despois desta experiencia acudimos a un torneo en Asturias , dos que nos proclamamos campións , gañando a final 1-2 , logo dun partido moi competitivo . Pero sen duda unha das mellores escapadas foi cando fumos a Valencia , con escasos 14 anos , xa nun torneo de prestixio , era bastante meritorio a verdade . Empezamos con bo pé , xa que pasamos as primeiras rondas sen aparente dificultade , o problema veu cando chegamos as semifinais xa que nos encontramos cun pequeno amaño , que nos facía disputar a fase previa a final contra o Vilareal , o cal acudira ao torneo con xogadores de equipos coma o Valencia , para probar que tal funcionarían no novo clube . O caso foi que o noso entrenador ao facerse coñecedor destos sucesos mandounos comezar o partido sentados , en motivo de protesta , o rival comezou cunha vantaxe de 1-0 , pero logo remontamos o voo empatando a escasos minutos de que acabará a primeira metade . Pero o destino non quería que nesta ocasións nós fosemos os heroes da contenda e o partido finalizou coa nosa derrota por 2-1 .
Durante esta tempada tamén fun convocado coa selección galega infantil , coa que disputei varios amistosos e me concentrei en entrenamentos varias veces
Unha vez acabadas estas seleccións barbanzas , que duraron 4 anos fichei no Abanqueiro SD , donde pasei dous anos , neste equipo ascendemos a liga galega infantil , e sendo eu xogador desta categoría clasificamonos á final da copa do Sar cadete , http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/06/23/0003_8566798.htm , e ahí un reportaxe da semifinal .
Despois de esta etapa e duns problemas do clube 7 xogadores do Abanqueiro fumonos para o Boiro , equipo veciño , a disputar a liga cadete , donde quedamos 5 e promocionamos , eso si desta vez non houbo triunfo e caemos na primeira fase contra o Calasanz . Hoxe en día sigo neste equipo donde estou xogando a liga galega xuvenil cos meus compañeiros !
E aquí un resumo da miña afición , espero que vos gustara , sobre todo a ti , Esperanza !
No hay comentarios:
Publicar un comentario